MERCADO INTELIXENTE: CÓMO A DIGITALIZACIÓN OPTIMIZA AS VENDAS NA INDUSTRIA DA MADEIRA
Nun mercado cada vez máis competitivo, a rapidez e a precisión na atención ao cliente son factores clave para a diferenciación. Sen embargo, a rede comercial da industria da madeira enfróntase a retos significativos: acceso limitado a información técnica e operativa en tempo real, comunicación lenta cos clientes e dificultades para xestionar a variabilidade natural dos produtos.
Desde Finvalia fixámonos como reto dixitalizar o proceso de venda para resolver estas problemáticas. Para iso, estudaremos e desenvolveremos un sistema baseado en Intelixencia Artificial e modelos de linguaxe avanzados que revolucionará o acceso á información e a eficiencia comercial.
A información, un recurso clave na venda de chapa e rechapado
Un dos principais desafíos na comercialización de taboleiros de chapa de madeira e rechapado é a dificultade para acceder a información precisa e actualizada. Estes produtos presentan unha alta variabilidade natural, o que complica a súa estandarización e require coñecementos técnicos especializados.
Actualmente, o equipo comercial debe realizar múltiples consultas e acceder a documentos dispersos para obter información sobre tamaños de lote, datas de servizo ou combinacións posibles. Este proceso retarda a toma de decisións e pode traducirse en perdas de oportunidades de venda.
Ademais, ao estar fóra da oficina por desprazamentos e non ter acceso inmediato a datos críticos como o stock dispoñible ou os prazos de entrega, xéranse retrasos na comunicación cos clientes e redúcese a eficiencia operativa.
Asistente de vendas dispoñible 24/7
Para abordar estes retos, o proxecto de mercado intelixente incorpora o desenvolvemento dun bot comercial baseado en intelixencia artificial, deseñado para proporcionar respostas rápidas e precisas á rede de vendas a partir de catro parámetros:
- Consulta instantánea de información: o bot utilizará modelos de procesamento de linguaxe natural (NLP) e redes neuronais avanzadas (LLM) para responder preguntas en linguaxe natural sobre produtos, especificacións técnicas e dispoñibilidade de stock.
- Xeración de imaxes realistas: mediante técnicas de Generative Adversarial Networks (GAN), o sistema poderá mostrar simulacións de distintas combinacións de chapa, respectando as posibilidades de fabricación. Isto permitirá unha visualización do produto con maior precisión.
- Acceso a datos operativos en tempo real: o bot integrarase cos sistemas internos como ERP e Data Warehouse, facilitando información sobre dispoñibilidade de produtos e prazos de entrega desde calquera ubicación.
- Optimización do proceso de vendas: ao reducir a necesidade de múltiples chamadas e consultas, o sistema mellorará a experiencia do cliente, acelerará as respostas e aumentará a conversión de oportunidades en vendas efectivas.
Un avance estratéxico para a rede comercial
O demostrador inicial desta tecnoloxía implementarase na delegación Noroeste de Finsa, cun foco na gama de produtos de chapa e rechapado fabricados na planta de Padrón. A medida que se validen os seus beneficios, a solución expandirase ao resto da rede comercial.
Este proxecto representa un paso decisivo cara a unha fábrica intelixente e sostible 4.0, onde a dixitalización non só optimiza os procesos internos, senón que tamén impulsa a competitividade da empresa nun sector en constante evolución.