Finvalia Industria 4.0. Intelixencia artificial e desenvolvemento sostible

Proxecto

Finvalia ten como obxectivo contribuír á transformación da cadea de valor da industria da madeira técnica, mediante o desenvolvemento de tecnoloxías baseadas en Intelixencia Artificial que permitan avanzar na dixitalización, a trazabilidade, a eficiencia e a sustentabilidade dos procesos de fabricación, comercialización e reutilización da madeira técnica.

O proxecto propón o desenvolvemento de solucións para a xestión, o control e a optimización de procesos cada vez máis complexos que esixen novos coñecementos e ferramentas para o manexo dun gran volume de datos e información.

Finvalia é promovido por un consorcio de catro empresas integrado por Couceiro, Foresa, Puertas Vales e Finsa. Na súa execución, cóntase coa implicación de centros tecnolóxicos, universidades e empresas maioritariamente galegas.

En outubro de 2023 iniciouse o traballo para o deseño, execución e demostración de 25 pilotos en 6 liñas de actuación: Ciberseguridade, Mantemento, Loxística, Sustentabilidade, Mercado e Produción. As actividades desenvolveranse ata setembro de 2026 nas fábricas e centros que as empresas teñen en Santiago, Ourense, Padrón, Rábade, Cambre, Aranga e Caldas de Reis.

Proxecto IN854A 2023/05. FINVALIA. Transformación dixital dos procesos de fabricación e comercialización de madeira técnica, sustentable e baseada na intelixencia artificial, subvencionado pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Finvalia en cifras

Anos de
duración
Pilotos
Áreas de actuación
Socios
Entidades colaboradoras

Pilotos

  • Modelo de Intelixencia Artificial aplicada aos Activos de Mantemento
  • Modelo de Intelixencia Artificial aplicada á Xestión do Mantemento
  • Dispositivos IIoT aplicados ao mantemento de Activos
  • Xestión intelixente do mantemento en base a dispositivos IIoT
  • Hiperautomatización para a transformación dixital do modelo de mantemento
  • Gamificación dos sistemas de aprendizaxe interno
  • IA para a predición das incidencias de cumprimento de servizo
  • Sistema Intelixente para a Xestión Intraloxística Multialmacén
  • Sistema Intelixente para a Xestión de Stocks na Planta Química
  • Sistema Intelixente para a Xestión de Stocks no Almacén Caótico de Madeira
  • Desenvolvemento de Carretilla Autónoma para Almacén Caótico
  • Modelo intelixente de control e trazabilidade ao longo da cadea de subministración
  • Modelo intelixente de definición de produtos e de planificación integrada da cadea de subministración
  • Investigación de compoñentes presentes nos gases do secado de madeira
  • Investigación de técnicas para a reutilización de MDF reciclado
  • IA aplicada á Formación de Comerciais e á área de Chapa Natural e Rechapado
  • IA aplicada á Consulta de Datos Técnicos na área de Chapa Natural e Rechapado
  • Definición da arquitectura de xemelgo dixital
  • Modelos de detección de anomalías
  • Predición de variables de proceso
  • Predición de variables de produto
  • Análise de Redes Wi-Fi, Segmentación en VLANs e Estudo do Espectro Radioeléctrico
  • Creación dun Centro de Respaldo e Recuperación ante Desastres na Nube para Servidores Industriais
  • Centro de Operacións de Seguridade Industrial
  • Copia de Seguridade de Equipos Industriais