UNHA FÁBRICA NA NUBE QUE EVITA ERROS NA INDUSTRIA FÍSICA

A transformación dixital avanza a gran ritmo, e o sector da madeira non é unha excepción. No marco do proxecto Finvalia, liderado por Finsa xunto con Portas Vales e Couceiro, está a desenvolverse un ambicioso sistema de xemelgo dixital que ten como obxectivo dar un salto cualitativo cara a unha fábrica máis intelixente, flexible e sostible.

Xemelgo dixital: da nube á realidade, optimizando procesos

Pero, ¿qué é exactamente un xemelgo dixital? Trátase dunha réplica virtual dos produtos e procesos industriais, que permite simular e monitorizar en tempo real o que ocorre na planta. Esta ferramenta non só reproduce o comportamento físico dos activos, senón que tamén predí a súa evolución grazas á análise de datos e á intelixencia artificial.

En Finvalia, este xemelgo dixital aplicarase en diferentes escenarios piloto, especialmente na fabricación de taboleiros MDF. Permitirá optimizar o proceso dende o aprovisionamento de materias primas ata a calidade final do produto. Grazas á sensorización avanzada e ao uso de modelos predictivos, poderanse detectar anomalías, axustar parámetros en tempo real e tomar decisións baseadas en datos, sen necesidade de esperar a que aparezan problemas.

Cinco beneficios do uso dun xemelgo dixital

Entre os principais beneficios destacan:
✅ Monitorización en tempo real de variables críticas como a humidade, densidade ou consumo enerxético.
✅ Detectar fallos antes de que se produzan e optimizar o mantemento.
✅ Avaliar a calidade dos produtos sen necesidade de ensaios destructivos.
✅ Simular cambios na produción e validar novas configuracións antes de implantalas.
✅ Reducir despedicios, custos e emisións, avanzando cara a unha fábrica máis sostible.

Os resultados esperados inclúen a validación de cinco demostradores tecnolóxicos nas fábricas de Finsa en Santiago, Padrón e Ourense, que permitirán probar a viabilidade destas solucións en condicións reais.

Despois de ler esta entrada, xa estarás convencido de que o xemelgo dixital é unha peza clave para lograr unha industria da madeira máis competitiva e preparada para o futuro¡Compartiremos os primeiros datos das probas!

Publicacións similares