A PRESENTACIÓN DE FINVALIA EN MEDIOS DE COMUNICACIÓN

De nada serve realizar un proxecto transformador como Finvalia se non compartimos os seus resultados coa sociedade e co propio sector.

Con este obxectivo, contamos cos medios de comunicación para difundir os avances deste programa de investigación no que participamos Couceiro, Foresa, Finsa e Puertas Vales, e que pode levarse a cabo grazas á subvención da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia e á cofinanciación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027.

Destacamos as aparicións en distintos portais que destacan as metas de Finvalia dende os ámbitos tecnolóxicos, da construción e do ámbito da madeira.

Diario Artificial

Así recollía a síntese de Finvalia a xornalista Diana López Marengo en Diario Artificial, o medio especializado en intelixencia artificial e startups.

Construnario

O medio sobre tendencias en construción Construnario facía fincapé nos avances que o proxecto suporá en toda a cadea de valor da madeira.

Infomadera

Infomadera, o portal da Asociación de Investigación das Industrias da Madeira, explicaba no seu boletín de noticias a relevancia de Finvalia para xerar un coñecemento compartido no sector madeireiro.

Publicacións similares