5 AVANCES REVOLUCIONARIOS DE FINVALIA PARA A INDUSTRIA DA MADEIRA
Finvalia leva un ano de desenvolvemento, momento adecuado para presentar os primeiros avances do proxecto que demostran como a dixitalización e a intelixencia artificial xa están transformando a industria da madeira desde Galicia para todo o mundo.
Un consorcio para modernizar toda a cadea de valor
O proxecto Finvalia, impulsado por Couceiro, Foresa, Puertas Vales e Finsa, conta coa colaboración de universidades, centros tecnolóxicos e pemes de referencia (Gradiant, CETIM, Imatia, USC, CESGA, DxC, Fibranor…). Todas as entidades traballamos ata 2026 en 26 pilotos que abranguen dende a fábrica ata o mercado, dentro do programa IN854A 2023/05, subvencionado por IGAPE-Xunta e cofinanciado por FEDER. A continuación, contamos os avances presentados, logros e impactos:
Reto | Que logramos | Impacto agardado |
Mantenimiento intelixente | Sensores IIoT + IA para detectar anomalías e planificar paradas. | Menos avarías, maior dispoñibilidade. |
Intraloxística e trazabilidade | Inventario RFID vinculado ao SGA. | Conteo de stock en 1 día con 5 persoas (antes implicaba varios días e todo o equipo). |
Mercado intelixente | Chatbot multilingüe adestrado con miles de documentos técnicos + xeración de imaxes de produto. | Respostas ao cliente en segundos e propostas visuais axustadas ao stock real. |
Produto intelixente | Xemelgo dixital que predí densidade, humidade e calidade do taboleiro MDF en tempo real. | Axuste fino de parámetros e reducción de refugallos. |
Sostibilidade | • Steam explosion para valorizar biomasa sen químicos. • Monitorización de gases en secadores. •Reaproveitamento de residuos. | Menor pegada de carbono e economía circular efectiva. |
Unha tecnoloxía do 1900 para converter o residuo en recurso
A técnica de steam explosion — descrita en 1926 pero agora optimizada — aplícase en Fibranor para separar compoñentes lignocelulósicos con vapor a alta presión. O resultado: materias primas secundarias limpas, clave para taboleiros máis sostibles e novos bioprodutos.
Unha industria da madeira conectada en 2026
Con a validación destes pilotos, Finvalia avanza cara ao seu obxectivo: unha industria da madeira conectada, eficiente e circular, onde os datos guíen cada decisión e os residuos se convertan en recursos.
Seguiremos compartindo fitos neste blog, e podes ver o streaming do evento nesta ligazón. Grazas por acompañarnos no camiño cara á Industria 4.0 galega!