Carretilla autónoma: o primeiro paso cara a un parque de madeiras sen boli nin papel

Imaxina un parque de madeiras onde os paquetes “falasen” e unha carretilla se movese soa para buscalos, cargalos e levalos ao seguinte elo da cadea sen ter que escanear nin anotar nada. Ese é o piloto que Finvalia está a probar dentro da liña de intraloxística intelixente, xunto a outras tres pezas clave: RFID, un SGA común e un xemelgo dixital.

Por que unha carretilla autónoma?

Nos últimos anos aumentou a capacidade produtiva das plantas mentres os espazos de almacenaxe reducíanse. O resultado: máis rotación, máis referencias e menos tempo para preparar expedicións xust-in-time. A escaseza de man de obra cualificada engade presión adicional e fai urxente automatizar tarefas repetitivas de localización e movemento de paquetes.

Como funciona o piloto de carretilla autónoma

  • Etiquetas RFID adaptadas ao sector da madeira: Cada paquete identifícase cunha etiqueta robusta resistente á intemperie. As antenas len o movemento en tempo real e envían os datos ao SGA.
  • Xemelgo dixital do parque: Imatia consolida as lecturas RFID e outros sinais nun modelo 3D vivo. Isto permite simular rutas e asignar misións á carretilla sen interferir na operativa real.
  • Vehículo guiado autonomamente: A partir do xemelgo, a carretilla recibe ordes de recollida e entrega. Os primeiros ensaios xa mostran que o reconto de inventario, que antes ocupaba a todo o persoal durante varios días, poderá completarse nun só día con cinco persoas grazas á combinación de RFID e vehículo autónomo.

Impacto esperado da carretilla autónoma

  • Stock 100 % fiable en tempo real: fin ao paquete perdido e aos erros de expedición.
  • Produtividade: menos viaxes en baleiro e redución drástica dos tempos de procura.
  • Seguridade: menos tráfico de carretillas tripuladas e, polo tanto, menos riscos no patio.
  • Trazabilidade da cadea completa: Finsa etiqueta o taboleiro, Puertas Vales engade a porta e Couceiro valida a entrada no seu almacén, todo sobre a mesma plataforma.

Este piloto é só o punto de partida. Cando o vehículo autónomo domine o parque de madeiras, esta mesma lóxica poderá escalarse a outros almacéns interiores, integrar básculas automáticas ou alimentar a predición da demanda. O camiño cara a un fluxo loxístico conectado de extremo a extremo xa está en marcha grazas a Finvalia.

Publicacións similares